Colegio Oficial de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias de Alicante

Bolsas trabajo

Formación en arquivo, biblioteca e documentación

Empresa: Parlamento de Galicia

Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña)

Oferta de trabajo - empleo:

4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación

Plazas: 4

Descripción: A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 1 de outubro de 2013, resolveu anunciar a convocatoria para a concesión de oito bolsas formativas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións e informática.

Estudios: Diplomado - Biblioteconomía y Documentación

Requisitos: Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos: a) Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas. b) Posuír as seguintes titulacións universitarias: 1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, Xeografía e Historia, ou Historia, ou diplomatura en Biblioteconomía e Documentación. As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2007-2008 ou en anos posteriores, o cal deberá acreditarse ao termo do prazo de presentación das solicitudes. c) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. d) Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia.

Tipo de contrato: Beca (12 meses)

Salario: 12.000 € Bruto/año

Observaciones: 2. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria das bolsas no Diario Oficial de Galicia. As persoas interesadas poderán consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia.

Contacto: 1. As solicitudes axustaranse ao modelo de instancia que se achega como anexo I, que estará á disposición das persoas interesadas no enderezo da Internet: www.parlamentodegalicia. es, e no Rexistro do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo, s/n, 15701 Santiago de Compostela - A Coruña) en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 de luns a venres, e de 10.00 a 13.00 os sábados. Presentaranse no Rexistro da Cámara ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Más información

Compartir en... Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+

© CDL Alicante. Poítica de privacidad.

Esta web utiliza cookies…+info